Actividades

María da Pontragha con "Contar co vento"

María da Pontragha con

21/11/2021

Contos enfiados coa música de acordeón de Miguelón Paz

Este sábado, día 27, na Casa-Museo Manuel María acolleremos unha contada, Contar co vento, para público infantil e familiar con María da Pontragha.

María, acompañada do acordeón de Miguelón Paz, contará, ás 17 horas, historias da tradición oral para todas aquelas e aqueles que asistades. Historias de medo, de risa e bonitas a rachar.
 
Cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whataspp 698177621.