Fundación Manuel María de Estudos Galegos
15/07/2016 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei
O programa Ven e descubre é unha oferta lúdica de roteiros que o Concello de Oleiros ofrece todos os anos ás veciñas e veciños maiores de 60 anos deste municipio. Organízao o Departamento de Servizos Sociais e combina diferentes formatos adaptados a distintos públicos.
Este ano os protagonistas do Ven e descubre foron os ríos e unha das rutas foi a da Terra Chá, incluindo a Casa-Museo Manuel María e a Casa-Museo do escultor Vítor Corral, en Baamonde.