Fundación Manuel María de Estudos Galegos
20/11/2016 - Casa-Museo Manuel María
Bota a andar o Diario da Casa, novo espazo que irá relatando o día a día das actividades que vaiamos acollendo na Casa-Museo, así como outro tipo de iniciativas noutros espazos relacionadas con Manuel María
No serán deste xoves 19 de novembro medrou o mar en Outeiro de Rei e na Terra Chá toda: chegou Xurxo Souto, coa forza do rompente do coruñés Mar da Torre, para nos presentar os seus Contos do Mar de Irlanda.