Actividades

Gala-Concerto do Concurso Manuel María de Composicións Musicais

Gala-Concerto do Concurso Manuel María de Composicións Musicais

O sábado día 8 de outubro, ás 18.30 horas, levarase a cabo no auditorio da Casa-Museo a gala-concerto da fase final do Concurso Manuel María de Composicións Musicais.

A gala comezará coa interpretación das catro pezas finalistas a cargo dun dos grandes pianistas do Estado no ámbito da música de cámara, Aurelio Viribay, e do barítono ferrolán Gabriel Alonso, titulado superior en canto pola Escola Superior de Música Reina Sofía. Unha vez rematada esta primeira parte, e mentres o xurado realiza a súa deliberación, o mesmo pianista e barítono presentarán o seu disco No Camiño. Dous séculos de canción galega, un percurso pola lírica galega desde o XIX até a actualidade. Nel reúnense melodías do patrimonio musical de Galiza que van desde cancións galegas de concerto como, entre outras, Meus amores de Xosé Baldomir, Un adiós a Mariquiña de Xosé Castro “Chané’ ou Negra Sombra de Xoán Montes, até obras de compositores actuais como José Durán, Margarita Viso, Fernando Buide ou Octavio Vázquez.