Actividades

Este sábado proxéctase na Casa-Museo o filme "Julia", do director Jacobo Lagüela

Este sábado proxéctase na Casa-Museo o filme

Con esta actividade cérrase a programación de 2023

A Casa-Museo Manuel María acolle este próximo sábado, 16 de decembro, ás 19 horas o filme Julia, do director vilalbés Jacobo Lagüela Castro. Após a súa estrea en cinemas en setembro e o seu exitoso percurso internacional por festivais de tres continentes, a película mergullará os asistentes que se acheguen a Outeiro de Rei na conmovedora historia dun neto emigrado no Reino Unido e a súa avoa Julia.
 
Filmada durante as vacacións de Jacobo Lagüela no concello de Vilalba, o filme non só captura a vida de Julia, senón que tamén resgata arquivos históricos doutros directores que filmaron nos mesmos lugares de Galiza desde os anos vinte até os anos 60. A banda sonora, de Xosé Lois Romero e Aliboria e Baiuca, guía o espectador a través do presente, pasado e futuro, recollendo as últimas vontades da avoa Julia. O seu desexo é claro, que os seus bisnetos comprendan a súa forma de vivir e se esforcen en preservala.
 
Logo de finalizar o filme, o director Jacobo Lagüela, manterá un coloquio cos espectadores.
 
Para ver a película é necesario facer reserva (billete: 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621