Actividades

Este mércores, día 15, unha nova edición de Lúas de Outono co Mago Antón e David Méndez

Este mércores, día 15, unha nova edición de Lúas de Outono co Mago Antón e David Méndez

11/12/2021

O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá ás 20.30 a homenaxe anual a Manuel María

Este mércores, cuarta feira, día 15 de decembro, ás 20.30, no Teatro Rosalía de Castro celebrarase unha nova edición de Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María.

Neste Lúas de Outono a protagonista será a maxia, a maxia da imaxinación e dos soños tan presente na obra de Manuel María. Dous prestixiosos magos, o Mago Antón e David Méndez, presentarannos Un trebón de maxia, onde combinarán o ilusionismo e a maxia creativa.

A entrada é libre até completar o aforo.