Actividades

Coa proposta cómica "Saaabor!", a Casa-Museo inicia, o 18 de xaneiro, a programación cultural de 2020

Coa proposta cómica

Protagonízaa Fran Rei e Félix Rodríguez, e está dirixida por Avelino González

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.
Félix Rodríguez e Fran Rei, os nosos protagonistas, convértense durante unha hora en dous recoñecidos chefs que ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: unha comida moi musical para toda
a familia.
O food truck de Saaabor! chega á Casa-Museo Manuel María (xunto ao concello de Outeiro de Rei), un carro de xantar do que xurdirán infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música. Unha hora de humor nun espectáculo gastronómico onde teñen cabida tanto a música como a cociña en directo. Unha produción de
Culturactiva SCG que deixará todo o público cun moi bo sabor de boca.
Esta proposta vai dirixida para un público familiar e o prezo do billete é de 2 euros. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal