Fundación Manuel María de Estudos Galegos
10/12/2019
Previamente, o músico Xiao Berlai e o ilustrador Ernesto G. Torterolo participarán no Clube de Lectura da Casa-Museo Manuel María para comentar o álbum de banda deseñada que acompaña o CD Desconhecido
Berlai, o proxecto musical creado por Xiao Berlai, estará este sábado, día 14 de decembro, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María co traballo musical Desconhecido. Xunto esta banda estará o debuxante Ernesto G. Torterolo, ilustrador do libro de banda deseñada que acompaña o CD Desconhecido e cuxas marabillosas ilustracións poderán desfrutarse en vivo durante o concerto.
Desconhecido é todo un mesmo traballo onde se funde narrativa visual, poesía e música para contar a historia dun home que escolleu a renuncia perante a imposibilidade do amor negado pola contorna social. Este traballo de Berlai será presentado en acústico con guitarra, mandolina, voz, piano e contrabaixo.
O Clube de Lectura da Casa-Museo escolleu para a súa última sesión deste ano 2019 a lectura deste libro de banda deseñada, Desconhecido, que acompaña o traballo musical do mesmo nome. É por esta razón que Xiao Berlai e Ernesto Torterolo participarán na reunión do clube de lectura que se levará a cabo na biblioteca de Casa-Museo ás 18.30 hrs.
O concerto é de entrada libre até completar o aforo do auditorio da Casa-Museo. Pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)
Raquel González López (2019)