Fundación Manuel María de Estudos Galegos
08/11/2021
Proposta musical, divertida e bailábel, que nos trasladará ás vellas festas de metade do século pasado
Este próximo sábado día 13, ás 19 horas, temos a oportunidade de desfrutar da música tradicional dos anos 30, 40 e 50 do século pasado co conxunto-sexteto AIRIÑOS DA FREBA . Unha divertida viaxe no tempo cando quintetos, diversos conxuntos e pequenas orquestras amenizaban as nosas festas. “Con Grelos”, o seu último traballo, que como o anterior “O de Lacón”, é froito do estudo, recolleita, pesquisa e divulgación da música tradicional da provincia de Lugo.
Para asistir ao concerto cómpre reservar billete previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. Prezo da entrada: 5 euros.