Actividades

Acordeireta en concerto

Acordeireta en concerto

25/04/2021

Patricia González e Alex Balbuena presentarán o seu primeiro traballo "Loitar cantando"

Patricia González Iglesias (pandeireta e voz) e Alex Balbuena (acordeón, bombo e voz), ACORDEIRETA, presentan este sábado 1 de maio, na Casa-Museo Manuel María, o seu primeiro traballo "Loitar cantando".

Estilo e son propios, formado por temas, (tradicionais, de autor e unha gran parte de creación propia) en que mesturan diferentes ritmos para crear un ambiente fresco e contundente, para escoitar e tamén bailar.

Nas súas letras non falta a poesía de Rosalía, Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Luz Fandiño....

Imprescindíbel reservar a través de contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete: 5 euros