Actividades

"A viaxe do Señor López", unha proposta teatral para o público familiar

O sábado, 5 de novembro, ás 17 hrs, a Casa-Museo Manuel María acolle o espectáculo teatral A viaxe do Señor Lopez. Unha peza dirixida para crianzas, a partir de 6 anos, e público familiar. 
A sipnose da obra é a seguinte:
O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan característica do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-inuit.
Para asistir ao espectáculo é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Prezo do billete: 2 euros