Actividades

A Casa-Museo Manuel María acolle a estrea de "Monstrólogo"

A Casa-Museo Manuel María acolle a estrea de

Trátase dunha obra de teatro de monicreques dirixida para o público familiar

Un grande monstrólogo chega este sábado, día 25 de marzo, a terras galegas e vai comezar a súa xira pola Terra Chá, concretamente na Casa-Museo Manuel María, ás 17 horas.
Unha charla maxistral sobre especies e tipoloxías de montros e as súas curiosidades poderá ser escoitada polas nenas e nenos que asistan ao espectáculo.
Mais este xenio non vén só, acompáñano unha sorte de terroríficos e divertidos personaxes para demostrar que lonxe de pretender dar medo, os monstros veñen para nos axudar a superar diversos retos.
Para asistir a esta obra teatral con monicreques para toda a familia (nenas e nenos de tres anos en diante) é necesario reservar (billete 2€) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.