Actividades

BERROGÜETTO presenta o seu disco "Kosmogonías" vinculado ao proxecto da CASA MUSEO de Manuel María

BERROGÜETTO presenta o seu disco

Ano 2010

Os concertos dados polo grupo nas cidades e vilas máis importantes do País, destinarán a súa recadación a esta finalidade. Próxima actuación: día 22 de xuño ás 21 horas no Auditorio Municipal de Ourense.

A colaboración do grupo musical Berrogüetto, unida á dos concellos das sete cidades e os de Vilagarcía, Monforte e Carballo vai posibilitar que nas poboacións máis importantes do País se realice o concerto Kosmogonías vinculado ao proxecto da Casa Museo Manuel María. Ademais, o grupo está a incluír nos seus concertos un tema con letra de Manuel María na voz de Xavier Díaz
Parabéns a Berrogüeto pola súa música, gratitude pola súa xenerosidade e compromiso coa cultura galega.
Xa se celebraron con grande éxito os concertos de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Carballo, Monforte e Vilagarcía. O próximo será o de:

Santiago: o día 13 de novembro no Auditorio de Galicia